A MGM merca o Bobismo

0
199

A Metro Goldwyn Meyer ven de mercar os dereitos sobre Bobism, unha comédia de ciéncia-ficción de Ben Wexler sobre un escolar tímido que descubre que a vida dentro de 1.000 anos estará baseada no seu blogue.

O proxecto contará coa produción da ContraFilm de Beau Flynn e Tripp Vinson, xunto con Adam F. Goldberg. A ContraFilm de Lisa Zambri tamén participará na produción do filme.

É a primeira comédia que vai desenvolver a MGM dende que Mary Parent tomou posesión do seu novo posto coma xefa da división internacional dos estudos cinematográficos.

Esta compra é a primeira incursión de Wexler no eido das longametraxes despóis dunha década de ser só guionista para a televisión. Actualmente está a desenvolver, xunto á Happy Madison, unha versión para a TV de Hitch with Overbrook para a CBS, e ademáis contribúe ao grupo Sit-N-Spin na canle Comedy Central.