Brandon Routh xa non é Superman

0
182

Brandon Routh xa non é SupermanBrandon Routh, o último actor que encarnou a Superman na pantalla grande, ven de confirmar que o seu contrato para dar vida ao Home de Aceiro xa non está vixente.

Brandon Routh empezou dar vida a Superman hai xa mais de tres anos, cando a Warner invistiu case 270 millones de dólares en Superman Returns. A ideia era acadar unha superprodución dirixida por Bryan Singer e que sería a primeira dunha série de filmes que farían rexurdir o prestíxio do kriptonián no cinema. Nombergantes, o grande investimento non deu os resultados que se agardaban e a Warners non se animou a continuar a franquía… até agora.

O que pasa é que o actor Brandon Routh non está xa dentro deses plans. Hai uns días, o actor recoñeceu nunha entrevista a un popular sítio Web brasileiro que o seu contrato expirara o pasado 28 de xuño. Ademais, engadiu que está totalmente certo de que a Warner traballa nunha nova película de SUperman, pero que ainda non sabe ren do tema, o que lle fai pensar que non contan con el.

De todos os xeitos, Routh dixo que “se me chaman outra vez, regresarei ao persoaxe sen pensa-lo duas veces“.

Nombergantes, Routh queixou-se da pouca confianza que os produtores tiveron na liña argumental que marcou Superman Returs. O actor considera que a saga podería obter mais éxito nas seguintes entregas, para o que puxo como exemplo a Batman Begins, que tampouco funcionou do todo ben no despacho de billetes pero que logo acadou un enorme éxito con O Cabaleiro Escuro, unha oportunidade que non lle deron ao Home de Aceiro.