Negan os rumores sobre Babylon AD

0
201

Babylon ADOs produtores da vindeira película do director francés Mathieu Kassovitz, o filme de ciéncia-ficción épico Babylon AD, negaron os rumores que indicaban que a versión americana do filme ía ser recurtada até chegar aos 90 minutos de duración, fronte ás dúas horas e 40 minutos da versión orixinal europea.

A empresa produtora, a MNP Enterprise, nun post publicado no seu blogue en MySpace.com, dixo: “Os últimos días estiveron ocupados con novas sobre a duración e a calificación de Babylon AD. Sempre atopei abraiante ver como os rumores medran a partir doutros rumores ou malentendidos. Así pois coido que é hora de proporcionar algunhas novidades. Babylon AD nunca tivo unha duración de dúas horas e 40 minutos. Este rumor ven dun chiste que fixo Mathieu diante duns xornalistas o pasado setembro. Seica algúns deles non-o entenderon… A duración aproximada do filme é de unha hora e 40 minutos, e isto é oque enviamos ao noso parceiro, a Fox. Así que podo-vos asegurar que a Fox non vai recurtar o filme en 70 minutos, coma lin no sítio Web Rotten Tomatoes!“.

O blogue engadiu que o filme sempre estivo destinado a ser para maiores de 13 anos. “A verdade é que a Fox, coma calquera outro estudo, fará unha versión distinta para cada território, e Mathieu Kassovitz ten o seu para os europeos. Así que haberá naturalmente diferencias entre as dúas versións“.