A precuela de Blade

942

BladeSegundo todos os indícios, está-se a preparar unha triloxía que será a precuela da saga de Blade.

Stephen Dorff e mais o director Stephen Norrington traballaron xuntos na primeira longametraxe de Blade en 1998, e o ano pasado Dorff xa anunciara que estaban a planear unha triloxía precuela para a popular saga de vampiros protagonizada por Wesley Snipes. “A história de Deacon. É unha nova triloxía que creou o director. Vai ser guai“, dixo Dorff, referíndose ao seu persoaxe Deacon Frost que foi o principal vilán na primeira das tres películas.

E esta semana, Norrington confirmou as novas pero engadindo que o filme “non é exactamente o que a prensa dixo, senón algo moi semellante“. O concepto orixinal “evolucionou dende entón a unha história moi interesante… o vencello con Blade é aínda moi grande na ecuación“.

Ainda que X-Men e Spiderman convertírono nalgo case habitual, o primeiro filme de Blade foi a primeira adaptación dende o mundo do cómic ao cinema na nova era e acadou uns ingresos de 131 millóns de dólares en todo o mundo, ademais de obter unhas boas críticas. Após dunha secuela que tamén foi ben recibida, a série rematou coa terceira entrega, Blade: Trinity, que non tivo unha boa acollida, e unha série de televisión que foi emitida en canles de pago pero tamén con pouco éxito.

Norrington mentres tanto fixo A Liga dos Cabaleiros Extraordinários en 2003, unha experiéncia que lle asegurou un posto de prestíxio entre os realizadores de Hollywood. E uns anos despois, regresou a se poñer atrás das cámaras coa resurrección da franquía de O Corvo que ten actualmente entre mans. E após diso todo semella indicar que a nova triloxía de Blade será o seu seguinte traballo.