A Porta abrirá-se outra vez

0
168

The GateA H20 Motion Pictures realizará un remake do clásico do terror de 1987 The Gate (A Porta foi o título que se lle deu en España) en 3D e coma unha longametraxe de baixo orzamento, após de que se aseguraran a financiación para escomezar.

A fita orixinal, que estaba protagonizada por Stephen Dorff, ía sobre un grupo de tres rapaces que se decatan que debaixo dunha árbore recén caída hai un grande burato que leva ao inferno, e accidentalmente liberan do mesmo a unha horda de demos que se espallan polo seu barrio residencial das afóras.

O actor de Bill and Ted reconvertido a director Alex Winter será quen se encargue deste proxecto, que se rodará nos estudos MMC Studios en Köln (Alemaña) a finais deste verán. A MMC e mais a H20 xa colaboraran previamente no filme de Stephen Frears Cheri, actualmente nos cinemas.

Pixomondo (2012, Ninja Assassin) será a empresa encargada dos efectos especiais, que na película orixinal tiñan unha grande releváncia.