Os Pitufos xa teñen director

861

Os pitufosO director de Scooby Doo e Beverly Hills Chihuahua, Raja Gosnell, terá unha nova oportunidade de nos amosar que posúe algún talento agocho grazas ao filme que combinará acción real e debuxos animados xerados por computador baseado no clásico do cómic Os Pitufos.

Os pequenos seres azuis foron creados por Pierre Culliford (Peyo) nunha série de cómic belga a finais dos anos 50, pero obtiveron fama internacional grazas á série de debuxos animados producida pola Hanna-Barbera e que se emitiu dende 1981 a 1990.

Os detalles sobre o argumento desta adaptación ao cinema ainda non foron desvelados, e todo o que se sabe é que o persoaxe humano principal, que é o malvado Gargamel, será interpretado por un actor de renome. O guionista de Shrek 2, J. David Stern, e mais David N. Weiss xunto con Audrey Wells, foron os autores do libreto para este filme.

Agárda-se que poidamos difrutar dunha estrea simultánea do filme en 2D e mais en 3D para o 17 de decembro de 2010.