Elsa Pataky e Adrien Brody, nunha de terror

0
208

Elsa Pataky e Adrien Brody

A nova película do rei do terror de série “B”, o director italiano Dario Argento, ten por protagonistas a Adrien Brody e Elsa Pataky, segundo ven de desvelar-se hoxe. Emmanuelle Seigner, a muller e musa de Roman Polanski, completará o reparto do filme, que levará por títuto Giallo.

Tráta-se da primeira vez que a parella coincida nunha rodaxe. O argumento versa sobre un asasino en série chamado Giallo, que secuestra a Celine, unha modelo americana encarnada por Elsa Pataky. A súa irmá, unha azafata que será a filla do director, Asia Argento, contratará a un investigador, interpretado por Ray Liotta, para atopa-la e salva-la do psicópata.

Turín será escenário da rodaxe, que escomenzará previsibelmente o 12 de maio, e a postprodución será levada a cabo en Los Angeles.

Adrien Brody participará tamén nesta fita como produtor executivo ainda que actualmente atópa-se rematando a rodaxe de Cadillac Records, na que comparte cartel con Beyoncé.