Spiderman 4, outro guionista

0
167

O guionista Gary Ross (Dave, Big, Pleasantville) ven de recibir o encargo de volver escribir o guión de Spiderman 4. James Vanderbilt fixera o orixinal, que foi reescrito por David Lindsay-Abaire. Os detalles do argumento seguen no segredo. Agárda-se que a longametraxe estea lista para se estrear en maio de 2011.