Lawrence e Smith cruzan o charco

0
193

Will SmithFrancis Lawrence poderá reunir-se co seu actor principal en Eu Son Lenda, Will Smith, nunha nova superprodución do xénero fantástico que levará por título The City That Sailed (A cidade que navegou) e que producirán os estudos Twentieth Century Fox.

O director está a desenvolver o proxecto arestora baixo a produción do selo de Smith, a Overbrook, e todo semella indicar que el será quen se encargue de se poñer atrás das cámaras.

Cun guión de Andrew Niccol, a história vai sobre un meigo da rúa en New York cuxa filla, por mor de circunstáncias familiares, vive en Inglaterra. Mentres explora un faro un día, a nena atopa unha habitación chea de velas máxicas e pide un desexo, o de se reunir con seu pai. O efecto é que a illa de Manhattan comezará a nevegar polo océano Atlántico para cruza-lo cara a Inglaterra.

Os estudos mercaran o guión en 2006.

Ainda non hai contratos asinados nin por parte de Lawrence nin de Smith. Lawrence está a desenvolver ao mesmo tempo Water for Elephants na Fox 2000 e The World Without Us, tamén na Fox. Non se sabe que proxecto irá o primeiro. Smith tamén ten que escoller o seu seguinte proxecto para cando remate de rodar o drama Seven Pounds.