Amy Winehouse cantará para James Bond

0
231

Amy WinehouseA polémica cantante inglesa Amy Winehouse ven de ser a elixida para compoñer, xunto a Mark Ronson, o tema principal da nova entrega de James Bond, papel que volverá encarnar Daniel Craig. Ambos atopan-se xa gravando Quantum of Solace.

Esta canción será “moi escura“, segundo se puido saber, pero encaixará “perfectamente” no peculiar estilo da artista, quen recebiu a nova o pasado mes de febreiro, se ben tivo que mante-la en segredo.

Como anécdota, os produtores esixiron a Winehouse a condición de que se manteña “limpa de drogas” até alomenos uns días despóis da gravación da banda sonora.