Hong Kong Phooey irá ao cinema

0
165

Hong Kong Phooey e mais o gato SpotHollywood continúa a quitar ideias das xeracións pasadas no seu esforzo por manter viva a maquinária de produción. E esta vez é Hong Kong Phooey, o superespía canino número un. O persoaxe contaba na versión orixinal coa dobraxe de Scatman Crothers, quen despois lle poría a voz a Jazz en Transformers.

Dado que o persoaxe non é dos mais salientábeis da factoría de Hanna Barbera, non hai moitas esperanzas postas en que esta sexa unha superprodución, e menos cando á súa fronte xa están Alex Zamm e David Goodman, produtores de anteriores filmes coma Carrot Top’s Chairman of the Board, Inspector Gadget 2 ou Dr. Doolittle: Million Dollar Mutts. Pola súa banda, Goodman é guionista e produtor da série Family Guy (Pai de Família).

O que xa é mais ca dubidoso é que alguén consiga extraer un argumento mais ou menos sério ou para adultos dunha série de debuxos animados claramente dirixida ao público infantil. O persoaxe Hong Kong Phooey era un encargado da limpeza nunha comisaría de policía, que baixo a súa capa de inepto agochaba a un superheroe especialista en artes marciais. Pero na práctica, era un incompetente que sempre saía dos problemas grazas ao seu axudante, un gato policía que era quen realmente resolvía os crimes.