Natalie Portman en Thor

0
179

Natalie PortmanNatalie Portman non é unha descoñecida para os fans do fantástico. Os seus papeis como raíña Amidala na Guerra das Galáxias ou Evey Hammond en V for Vendetta seica de algo lle valeron para que agora sexa a elixida na adaptación que Kenneth Branagh está a realizar do persoaxe da Marvel Thor e participar xunto a Chris Hemsworth no reparto.

Portman interpretará a Jane Foster, quen nos primeiros cómics da série era unha enfermeira que se converteu no primeiro amor de Thor. Segundo os estudos, o seu persoaxe será modificado para adapta-lo aos novos tempos e a esta longametraxe.

Chris Hemsworth (Star Trek) xa asinou para ser Thor, o deus protagonista, mentres que Tom Hiddleston será Loki, o deus do mal e principal inimigo de Thor.

A fotografía principal para o filme dará comezo a primeiros de 2010. A data de estrea está fixada nos Estados Unidos para o 20 de maio de 2011 e a Paramount Pictures será a distribuidora.

A participación de Portman neste filme pon en cuestión os informes anteriores que dispoñíamos sobre o mesmo e que indicaban que a película estaría ambientada case por completo no mundo sobrenatural de Thor e mais os deuses nórdicos.