Ryan Reynolds é Lanterna Verde

922

Ryan ReynoldsApós de moitos meses de intensa búsqueda, a Warner Bros. ven de confirmar que Ryan Reynolds é o elixido para ser Lanterna Verde, o protagonista do filme que narrará as aventuras do famoso superheroe da DC Comics. A longametraxe será dirixida por Martin Campbell e producida por Donald De Line e Greg Berlanti.

Reynolds gaña deste xeito na mesma liña de chegada a un grupo de actores que tamén eran fortes candidatos a interpretar o papel principal deste filme de acción, e entre os que se atopaban Bradley Cooper, Jared Leto e Justin Timberlake. Todo eles tiveron que pasar por dúas sesións de cásting moi esixente.

Seica entre os motivos da elección están non só que saia mais barato cós outros dous, senón que agás o elixido, o resto dos actores ficaban libres por contrato o luns, mentres que o de Ryan remataba o venres, tan só catro días despois. Ademais, unha razón para a longa procura foi que De Line, Campbell e os estudos tiñan cadanseu favorito e iso dificultou o consenso.

Se o trato fica pechado, Reynolds converterá-se no único actor que interpretou a heroes tanto da Marvel coma da DC, xa que ven de facer de Deadpool no filme da Fox X-Men Origins: Wolverine. E de feito, interepretouno tan ben que entre os seus proxectos está o de facer unha secuela só con ese persoaxe. Ademais, e para os fans do fantástico, tamén resultará unha face coñecida por ser o cazador de vampiros Hannibal King en Blade: Trinity.

Lanterna Verde será o segundo intento de Reynold de se converter nun superheroe da DC Comics, xa que hai uns anos, estivo a punto de se facer co papel de Flash, outro dos persoaxes clásicos da compañía de cómics.