O xuizo de Rowling

0
184

J.K. RowlingA escritora inglesa J.K. Rowling pediu este luns con bágoas nos ollos á xustiza americana que impida a publicación dunha enciclopedia sobre a súa série de novelas de Harry Potter por un pequeno editor de Michigan que segundo ela quére-lle roubar 17 anos de traballo.

Ese libro constitúe un roubo ao por maior de 17 anos de traballo duro“, dixo Rowling perante o tribunal do distrito sul de Manhattan, na xornada de apertura dun xuizo que se anticipa que durará vários días.

Rowling e mais os estudos de Hollywood Warner Bros, que adaptaron os seus libros á pantalla grande, escomezaron unha demanda por violación de propiedade intelectual á editorial RDR Books de Michigan. A saga do popular neno meigo vendeu máis de 350 millóns de ibros en todo o mundo e foi xa traducida a 65 idiomas.

Rowling acusou á editorial de alterar a integridade dos persoaxes e o seu universo de ficción, e dixo que iso motivou a demanda, e non os cartos.

Anthony Falzone, avogado da RDR Books, rebatiu os argumentos afirmando que “se se suprime a publicación deste libro, o público vai perder unha guía de referéncia útil” sobre a longa e complexa saga infantil.

A enciclopédia non é un sustituto plausíbel de ningunha das novelas da saga de Harry Potter”, engadiu Falzone. “É perante todo unha guía de referéncia“.

Segundo Falzone, “a cuestión aquí é saber se a señora Rowling ten o poder para facer desaparecer ao noso libro“.

Vestida cun traxe sastre escuro con finas raias brancas, a escritora admitiu na súa declaración perante o tribunal coa súa avogada que estaba “nervosa” ao comparecer por primeira vez na sua vida perante un tribunal.

Nun intre no que evocaba as dificultades do início da sua carrera literária, Rowling contivo con dificultade as bágoas. “Era todo o que tiña na vida, á parte dos meus fillos“, dixo ao se referir á importáncia das suas novelas.

A escritora de 42 anos dixo posteriormente que se dispón a publicar unha enciclopédia Harry Potter de seu, nun prazo de dous a tres anos, e que case abandoa a querela porque afecta á súa actividade creadora.

Escribir unha novela é un traballo de amor“, dixo Rowling. “Escribir unha enciclopédia é algo diferente“. “Dous a tres anos sería un prazo razoábel, quero face-lo correctamente“, sinalou. Precisou que o fruto das vendas será directamente entregado a obras de caridade para nenos.

A enciclopedia que RDR Books quere poñer en venda por 24,95 dólares (15,75 euros) é obra de Steve Vander Ark, un admirador de Rowling que posúe un sítio na internet sobre Harry Potter e que segundo os seus avogados “liu as obras de Rowling unhas 50 veces“.

Rowling, quen anteriormente apoiara o sío Web de Vander Ark, dixo no xulgado que ao se enterar do seu proxecto de publicar o libro sentiu-se “sumamente indignada“. “Sentín certo grao de traizón“.

A autora criticou a guía non autorizada: “a enciclopedia non é unha obra de calidade“, dixo. “Hai partes nas que Vander Ark directamente non entendeu a obra“.

Os avogados de Warner pediron ao xuiz que impedira a publicación do libro, que segundo eles limíta-se a reordear alfabéticamente a complexa obra, sen engadir grande cousa. “Toma demasiado e non aporta case nada“, dixo unha das letradas de Rowling.