Emily Blunt nunha de Philip K. Dick

776

Emily BluntSe alguén tiña a ideia de que todas as obras de Philip K. Dick que se podían converter en película xa pasaron á pantalla grande, estaría moi enganado. Seica Emily Blunt e mais Matt Damon protagonizarán o thriller Adjustment Bureau, baseado nun conto do clásico escritor de ciéncia-ficción e baixo a dirección de George Nolfi.

Damon interpretará a un congresista popular cuxo futuro político fica en dúbida por mor dunha série de acontecementos incontrolábeis e pols chegada á súa vida dunha misteriosa bailarina, á que interpreta Blunt.

Nolfi escribiu o guión e será o produtor xunto a Chris Moore, Michael Hackett e Bill Carraro. A produción escomezará a mediados de setembro. A Universal adquirira os dereitos sobre este conto nunha poxa patrocinada pola Media Rights Capital, a produtora e financieira que está após do persoaxe “Brüno”.

Blunt ven de rematar a súa participación no filme The Wolfman xunto a Benicio Del Toro e Anthony Hopkins. Ademais é a protagonista da vindeira comédia Gulliver’s Travels.