Director para Hack/Slash

0
151

Hack/SlashO director de anúncios para a televisión Fredrik Bond terá a súa primeira oportunidade na pantalla grande grazas a unha nova adaptación do cómic ao cinema, nesta ocasión a do cómic de terror Hack/Slash, unha série de culto creada por Tim Seeley e Stefano Caselli.

O cómic céntra-se en Cassie Hack, unha muller que simboliza á rapaza solitária que sobrevive ao remate de moitos filmes de terror. Hack non só sobrevive, senón que se convirte nunha asasina de asasinos e viaxa de aldea en aldea por todo o país á procura de asasinos tipo Michael Myers (Halloween), Jason (Venres 13) ou Freddy Krueger (Pesadelo en Elm Street). Nas súas viaxes acompáñaa Vlad, un gardacostas musculoso que a protexe nas súas aventuras.

Justin Marks escribiu o guión, e o filme escomezará a se rodar en inverno.