Cell de Stephen King, á televisión

0
180

The CellProbábelmente ainda estará na memória de moitos o intento do realizador Eli Roth de dirixir unha adaptación da novela do rei do terror, Stephen King, titulada The Cell. Ben, pois seica por fin Roth non vai facer a película. En realidade, nin sequera vai haber película.

Segundo todos os rumores, John Harrison (Dune) está a escribir unha minisérie de catro episódios para a televisión baseada nesta novela apocalíptica de 2006, na que toda a povoación dos Estados Unidos é transformada en asasinos salvaxes e dementes por mor dun misterioso sinal enviado a través dos seus teléfones móbiles.

Harrison escribirá o guión para The Weinstein Co., a produtora que planeaba converter a novela en filme, pero que decidiu mudar de plans e vender logo o proxecto a outras canles. Harrison, que xa traballou como axudante de director na série de TV que contaba con guións do mesmo King Creepshow e que dirixiu Tales From the Darkside: The Movie (incluindo unha adaptación do escritor de Cat From Hell), considera que Cell é unha novela que lle permitirá facer uns primeiros 30 minutos demoledores na pequena pantalla, e engadiu que non coida que esta sexa unha novela de zombis senón coma algo semellante a unha Vila dos Condeados e que lle gusta a ideia de que a xente infectada comparta unha espécie de mente de colmena.

Harrison dixo ademais que lle gustaría ser o director da minisérie.