Remake para Os Cronocrimes

0
173

Os CronocrimesA United Artists ven de contratar a Timothy J. Sexton para que escriba Timecrimes, a adaptación do filme en castelán de Nacho Vigalondo Los Cronocrimenes, que por certo se estrea esta mesma fin de semana, após de moitísimos problemas para atopar distribuidor.

Steven Zaillian e Agnes Metre producirán a longametraxe, un thriller escuro sobre un home que viaxa atrás no tempo (pero só média ora) para evitar que aconteza un grave crime.

A UA mercara os dereitos para rodar un remake o pasado xaneiro, cando o filme orixinal presentára-se no Sundance Film Festival nos Estados Unidos.

Sexton xa traballara anteriormente no filme de ciéncia-ficción Fillos dos Homes, rodado por outro director latino, Alfonso Cuarón, e que foi nominado para un Oscar.