Willem Dafoe, marciano en John Carter

747

Willem DafoeWillem Dafoe, quen xa levou mallas verdes cando se puxo o disfraz de Trasno Verde en Spiderman, podería agora non só levar mallas senón o corpo enteiro de verde no seu novo papel de guerreiro marciano no filme en preparación John Carter of Mars, a primeira longametraxe con acción real do director de WALL-E, Andrew Stanton.

Dafoe participará nun reparto no que xa están os intérpretes de Wolverine Taylor Kitsch e Lynn Collins e que suporá a adaptación á pantalla grande do clásico da famosa série de libros de ciéncia-ficción e de fantasía de Edgar Rice Burroughs.

Dafoe fará o papel de Tars Tarkas, un fero guerreiro marciano que posúe unha rara habilidade entre os da súa espécie: a posibilidade de amar. Tars fará unha alianza con John Carter no primeiro filme, que está baseado no libro Unha Princesa de Marte. Xunto a Carter loitará polos mundos marcianos e dado que o persoaxe aparece por toda a série, terá a oportunidade de repetir en posíbeis secuelas.

Kitsch, que apareceu brevemente en X-Men Origins: Wolverine no papel de Gambito, será John Carter, un veterán da guerra civil americana que un día e tan só con o desexar, é transportado a Marte. E Collins, que en Wolverine fixo o papel de Kayla Silverfox, interpretará á Princesa de Marte.

Stanton escribiu o guión xunto a Mark Andrews. John Carter of Mars non ten data de estrea sinalada, pero será ao longo de 2012.