A adaptación para o cinema da novela World War Z que se está a facer na Paramount conta agora cun novo guionista. Orixinalmente fora J. Michael Straczynski o que estaba a adaptar o libro de Max Brooks, pero o novo encargado será Matthew Michael Carnahan, un especialista en thrillers politicos entre cuxos créditos están State of Play e The Kingdom. “É ún dos mais salientábeis guionistas de Hollywood, así que se foron á súa procura e lle pagaron un monte de ouro, iso definitivamente amosa a súa confianza neste proxecto“, dixo Brooks. Marc Forster estará na dirección, pero o problema co guión comeza a se deixar entrever.
Brooks engadiu: “Dixeron que é un movemento positivo porque están moi emocionados, pero a verdade é que é tamén positivo porque lle pagaron unha chea de cartos, e cos cartos que lle deron a el, os que lle deron a Straczynski e mais os que me deron a min, xa poden facer un burato ben grande, así que mais lles vale facer esta cousa!“.
Straczynski falara anteriormente sobre o seu guión, indicando que na súa versión do libro de Max Brooks o filme sería moi político e que implicaría ao governo na creación dos zombis que arrasan o mundo. Isto podería explicar por que Matthew Michael Carnahan é unha boa opción para continuar facendo cinema político… con zombis de por médio.