LaBeouf nos campos escuros

0
203

Shia LaBeoufShia LaBeouf (Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal) será o protagonista do vindeiro tecno-thriller dos estudos Universal, un filme que levará por título Dark Fields.

Neil Burger (O Ilusionista) dirixirá esta película, baseada na novela The Dark Fields, publicada en 2002 polo escritor Alan Glynn. A história vai sobre un rapaz en cuxas mans cae unha pílula que dota de intelixéncia a quen a inxira, e os acontecementos que desencadea este feito.

Leslie Dixon (Hairspray) adaptou o libro a un guión e ademáis será o produtor. Dixon adquirira o material e escribiu o guión por moitos menos cartos do que é habitual en Hollywood, pero en troques terá total control sobre o proxecto, deberá facer-se cargo da produción e compartir os riscos da mesma.