O Proxecto Devilfish en marcha

0
171

Devilfish ProjectO actor Max Ryan protagonizará unha versión para o cinema do cómic Devilfish Project cun guión de Fraser Townley e Byron Jackson.

A série de cómics está ambientada no ano 2095, cando o quencemento global forzou a suba dos océanos e limitando moito os lugares onde son factíbeis a gandería e mais a agricultura, polo que xa non é posíbel alimentar a todos os habitantes da Terra. Os países democráticos son agora un niño de caos e crime, e iso fai que se cree un novo orde mundial no que o Consello de Seguridade aproba un programa secreto que serve para alterar xenética e físicamente a unha equipa de elite que loite contra as bandas criminais que están a destruir América.

Non todo o mundo mira o programa dun xeito altruísta e a prematura liberación dos suxeitos dos experimentos crea ainda mais caos. Quen está realmente atrás do proxecto e cal é a verdadeira razón para a súa existéncia?

Ryan interpretará ao cazarrecompensas federal Adam Winethrope.