Sam Raimi dirixirá Warcraft

0
211

World of WarcraftA Blizzard Entertainment, Inc. e mais a Legendary Pictures veñen de anunciar que Sam Raimi (Spiderman, Drag Me to Hell) será o director da vindeira longametraxe que adaptará para o cinema o universo do popular videoxogo World of Warcraft.

Warcraft escomezou en 1994 como xogo para o computador, pero pouco a pouco se fixo un universo fantástico ao seu redor, todo baseado nunha loita épica entre as forzas da Horda e mais as da Alianza. Actualmente está formado por novelas, figuras de acción, cómics, xogos de taboleiro e por suposto o famoso xogo de rol online multiusuário World of Warcraft.

O filme será coproducido pola Legendary Pictures e cofinanciado pola Warner Bros. Pictures. O reparto e mais os detalles sobre a distribución e mais a estrea ainda non foron dados a coñecer.

Raimi, Charles Roven, Alex Gartner, Thomas Tull, Jon Jashni e Joshua Donen serán os produtores, mentres que Robert Tapert será o produtor executivo.