Luz verde para Virtuality

0
219

Ronald D. MooreA Fox ven de dar-lle luz verde a Virtuality, un episódio piloto de dúas horas de duración para unha nova série de ciéncia-ficción após da que se atopa o creador da série Battlestar Galactica, Ronald D. Moore.

O proxecto, da Universal Media Studios e dos produtores Gail Berman e Lloyd Braun, está ambientado na nave espacial Phaeton nunha viaxe de dez anos para explorar un sistema solar afastado. Para axudar aos 12 membros da tripulación a aturar a longa viaxe e manter as súas mentes ocupadas, a NASA equipou á nave con módulos de realidade virtual, permitíndo-lles asumir identidades aventureiras e iren a calquera lugar que desexen (algo así coma a holocuberta da Enterprise). O plan funciona ben até que se atopa un bug no sistema.

Virtuality é unha ideia orixinal de Braun, quen compartiu a mesma con Berman, e xuntos fundaron a empresa BermanBraun. Os dous tentaron a vários escritores, incluindo a Moore, quen foi finalmente o encargado de desenvolver o concepto e escribir o guión para Virtuality. Moore trouxo para a súa equipa ao guionista e produtor de Galactica Michael Taylor. Os dous xuntos se puxeron mans á obra e agora participarán coma produtores executivos neste proxecto xunto a Berman e Braun.

Agárda-se agora a que algunha canle de televisión acepte emitir o episódio piloto e se comprometa a continuar coa série, xa que logo a NBC rexeitouna nun princípio, a Fox foi a que lle concedeu algunha credibilidade. A produción dará comezo en xuño.