A vila enmeigada de Calico

0
145

A vila de CalicoAllentown Prods., unha empresa dirixida polo realizador de documentais James Moll, ven de adquirir osdereitos para o cinema sobre Berry Farm’s Calico Ghost Town e todas as atraccións e persoaxes orixinais creados parao parque temático.

O director de desenvolvemento da Allentown, Chris W. King, encargou-se deste concepto xunto a Moll, que será o produtor. A história está ambientada no salvaxe Oeste a finais do século XIX, e céntra-se nunha vila mineira chamada Calico, que despois de sufrir o abandono dos seus habitantes, está agora povoada por pantasmas e creaturas sobrenaturais pouco amigábeis.

No seu intre álxido, a verdadeira vila de Calico chegou a ter unha povoación de 1.200 persoas e mais de 500 minas de prata. A vila está situada no deserto de Mojave e foi abandoada en 1907, converténdose despois nunha atración turística baixo o patrocínimo da Knott e agora operada independentemente. A versión da Knott da Berry Farm’s Calico Ghost Town é a atracción turística mais antiga no parque de atraccións de Buena Park. A pasada década foi visitada por un total de 30 millóns de persoas.

É o lugar perfecto para unha grande aventura familiar de medo, con todos os elementos do Western clásico: cowboys, coristas, pistoleiros, persecucións por minas abandoadas… todo cun toque sobrenatural“, dixo Moll, quen espera poder anunciar unha financiación adicional xunto a un guionista e mais un director a finais deste verán.

Ainda que o movemento semelle estraño, hai que relembrar que de Piratas do Caribe se fixeron tres películas e todo escomezou nun parque de atraccións da Disney.