Snyder aos debuxos animados

0
178

Guardians of Ga'HooleZack Snyder (realizador do vindeiro filme Watchmen) será o director de Guardians of Ga’Hoole, un filme de debuxos animados baseado na série de libros infantís do mesmo título da escritora Kathryn Lasky. A Village Roadshow producirá o filme, coa Warner Brothers na distribución.

O filme está ambientado no bosque de Tyto, onde vive en paz Barn Owls até que o seu reino é ameazado por un mal que podería destruir o seu fogar. O guión foi escrito por John Orloff (A Mighty Heart) e John Collee (Master and Commander).

A intención é rodar o filme en Sydney nos estudos da Animal Logic, que xa traballaron conxuntamente coa Village Roadshow e a Warner en Happy Feet. Esta película está xa aprobada e moi posíbelmente poderémo-la ver nas pantallas en 2009 ou 2010.

Será a primeira incursión de Snyder no eido da animación, ainda que xa fixera algo moi semellante no seu filme máis famoso, 300.