UFO xa ten un director

0
173

UFOO veterán supervisor de efectos especiais Matthew Gratzner fará o seu debut como director con UFO, a adaptación á pantalla grande da popular série de televisión dos anos 70.

Gratzner foi o supervisor de efectos especiais na vindeira película de Martin Scorsese, Shutter Island, e entre os seus créditos están filmes coma A Múmia 3: A tumba do emperador dragón, Hancock, Iron Man e Alien: Resurrection.

Os dereitos para realizar o filme foron adquiridos á canle ITV Global pola Robert Evans Co., unha empresa creada por Evans, Henri Kessler e Avi Haas e que xunto á New Deal Studios do mesmo Gratzner sacarán este proxecto adiante.

O guión é obra de Ryan Gaudet e Joseph Kanarek. Os estudos de Gratzner comezaron xa o desenvolvemento do que se adoita coñecer como “arte conceptual” e quenon son senóndebuxos con figuras de lugares e persoaxes que serven para previsualizar o que podería chegar a ser o filme.

Coma na série de Gerry Anderson, a longametraxe estará centrada en Shado (Supreme Headquarters Alien Defense Organization), unha operación militar supersecreta escondida debaixo duns estudos de Hollywood, e cuxos operativos loitan unha mortal batalla contra unha raza de extraterrestres que leva décadas secuestrando a esasinando seres humanos e utilizando os seus corpos para fins macabros.

A história, os persoaxes e mais as situacións que o Sr. Anderson creou en UFO son intemporais e atractivas“, dixo Gratzner. “A miña visión é utilizar efectos especiais como elemento de apoio para narrar unha história que enganche á audiéncia a este universo“.