A cuarta dos Piratas, en abril?

0
180

Piratas do CaribeO xefe de produción da Disney, Oren Aviv, revelou á prensa que a cuarta entrega da franquía de Piratas do Caribe está xa en marcha e leva percorridas algunhas fases de desenvolvemento.

Imos rodar Piratas 4 en abril do ano que ven. Espero que o distribuamos en 2011, ou ese é o plan“, dixo Aviv, quen engadiu que ainda que “ese é só un filme, se ten éxito será con sorte o primeiro doutra triloxía“.

Ademais, espera que o tón sexa moito menor para a seguinte vez – “Non-o podemos facer mais grande… Quero que sexa coma un relanzamento de todo e trae-lo ás súas orixes, á súa eséncia, só persoaxes“.

Ainda non se sabe se Gore Verbinski poderá regresar para a cuarta película, pero o último que soubemos sobre Orlando Bloom, ún dos máximos protagonistas, é que non quere repetir o seu papel nesta saga.