Caruso no Espazo Morto

615

Dead SpaceD.J. Caruso (Eagle Eye, Disturbia) será o director do filme de terror e ciéncia-ficción Dead Space, unha adaptación dun videoxogo de computador para a pantalla grande.

A empresa de videoxogos Electronic Arts está a desenvolver a propriedade e considerando que posibilidades tería para adapta-la a un guión de cinema. Unha vez que se contrate a un guionista e se coñezan mais detalles, a propriedade será posta á venda nunha poxa para os estudos que estean interesados en merca-la en setembro.

Dead Space está ambientada no século XXVI no espazo profundo, onde un enxeñeiro que responde a un sinal de socorro dunha nave mineira atopa a nave infestada de monstrosas creaturas chamadas os Necromorfos. As creaturas son cadáveres humáns reanimados por un virus alieníxena.

Marty Bowen e Wyck Godfrey serán os produtores.