Jackson fala do Hobbit e Tintín

0
192

Peter JacksonNunha conferéncia de prensa celebrada no decurso da Comic-Con en San Diego, o director Peter Jackson foi bombardeado con preguntas sobre O Hobbit e os progresos que está a facer coa adaptación ao cinema do libro de Tolkien.

A resposta que deu é que ainda quedan tres semanas para entregar o guión. Unha vez que estea, presupostarán o primeiro filme e usarán o guión como base para facer o orzamento do segundo. O traballo no segundo guión escomezará despóis. Ademais afirmou que mália todos os rumores que circulan pola rede, é falso que o actor David Tennant (o antigo Doutor Who) estea contratado para algún papel.

O xoves á noite durante unha festa privada con membros da prensa, Jackson foi preguntado sobre cal sería o segundo libro de Tintín que daría o chimpo á pantalla grande. O director respondeu que ainda non se decidiu pero que el prefire As sete bólas de cristal (que ten como continuación O Templo do Sol). A elección semella ter moito sentido, xa que este álbum é outra das aventuras dobres (é dicir, que teñen continuación noutro volume) de Hergé, e para a primeira película xa se elixiu  O segredo do Alicornio / O tesouro de Rackham o Vermello.

A história vai sobre os arqueólogos da expedición Sanders-Hardmuth, que regresan a Europa tras dous anos en Perú e Bolívia, onde acharon o sepulcro do rei inca Rascar Capac. Non tardarán en comezar a padecer unha estraña enfermidade que lles mergulla nun profundo letargo, espertando todos á mesma hora do día, tremendamente sobresaltados, coma se os torturaran para volver caer no seu soño. Todo apunta a que se trate do castigo profetizado na propia tumba de Rascar Capac. Xunto a todos os enfermos atópanse os restos dunhas bochas esféricas de cristal con algún veleno no seu interior.

Jackson engadiu que lle gustaría facer tamén Obxectivo: a Lúa / Explorando a Lúa, pero que probábelmente esa aventura fique para unha terceira película.