O rei da Illa da Caveira

0
242

King KongA Spirit Pictures ven de se facer cos dereitos sobre o libro Kong: King of Skull Island, unha precuela da história do famoso gorila xigante, e ten pensado leva-la ao cinema nunha longametraxe de grande orzamento.

Escrita por Joe DeVito e Brad Strickland, a história céntra-se na lenda de Skull Island e cómo o símio xigante chegou a se converter no rei da illa. Ademais presenta a outros gorilas xigantes e mais a dinosáuros que se mencionaban tan só de pasada nos filmes anteriores.

A família do director do filme orixinal de 1933, Merian C. Cooper, que ten os dereitos sobre a propiedade de King Kong, vendeu os dereitos á Spirit, que segundo dixo, está “moi preocupada por honrar o legado de Merian C. Cooper en Hollywood“.

Utilizando a tecnoloxía de captura de movementos (motion-capture) usada en filmes coma The Polar Express e Beowulf, a Spirit pretende producir ela mesma os efectos xerados por computador.

Arnold Kunert e Steve Iles serán os produtores e Andy Briggs ocupará-se do guión.