A DreamWorks ven de se facer cos dereitos do cómic da editorial Platinum Studios Atlantis Rising para converte-lo nunha longametraxe con acción real que será producida polos guionistas de Star Trek Alex Kurtzman e Roberto Orci. O presidente da Platinum e mais o CEO Scott Mitchell Rosenberg tamén serán os produtores.
Creada por Rosenberg, Atlantis é unha minisérie de cinco episódios publicada pola Platinum Studios Comics no pasado mes de novembro. A quinta e derradeira entega da série, escrita por Scott O. Brown e debuxada por Tim Irwin e Andy Elder, aparecerá nos andeis das librarías a finais deste mes.
O argumento vai sobre perturbacións sísmicas no mar que obrigan aos militares do mundo a investigar a parte máis profunda do océano, onde unha civilización agocha emerxerá para lle declarar a guerra ao planeta Terra.
Atlantis é a segunda compra que lle fai a DreamWorks á Platinum. DreamWorks, xunto coa Universal, fíxo-se cos dereitos de Cowboys and Aliens o ano pasado e está a desenvolver este western de aventuras de ciéncia-ficción con Kurtzman e Orci e mais a Imagine Entertainment.
Kurtzman e Orci están traballando en Transformers 2 e veñen de se xuntar co director de Star Trek, J.J. Abrams, para producir o telefilme da canle Fox Fringe, que será un episódio piloto de dúas horas para unha nova série de televisión.