Comeza a se rodar a terceira Nárnia

0
147

As Crónicas de Nárnia IIIThe Chronicles of Narnia: The Voyage of the Dawn Treader, a terceira entrega da saga épica das Crónicas de Nárnia baseadas nos populares libros do escritor cristiano C.S. Lewis, comezou a súa fotografía principal en Queensland, Austrália, este luns día 27. A produción, que será realizada conxuntamente entre a Twentieth Century Fox Film Corporation e mais a Walden Media, é a continuación da franquía que comezou en 2005 con As Crónicas de Nárnia: O León, a bruxa e o armário e a súa continuación de 2008 O Príncipe Caspian, que levan recadados conxuntamente 1.200 millóns de dólares en todo o mundo.

Nesta ocasión, Edmund e Lucy Pevensie, xunto co seu curmán Eustace Scrubb serán tragados por un cadro que representa unha fantástica nave de Nárnia, que se dirixe cara á fin do mundo. No barco deberán unir as súas forzas co príncipe Caspian e mais o guerreiro rato Reepicheep e compartir aventuras nunha misteriosa misión nas Illas Solitárias e mais aló.

O veterán realizador Michael Apted (O Mundo non é Abondo) será o director desta nova entrega, que de novo estará´interpretada polos nenos Georgie Henley e Skandar Keynes. Ben Barnes (Dorian Gray) repite o papel de príncipe Caspian, mentres que o curmán Eustace será o actor inglés Will Poulter.

Publicadas entre 1950 e 1956, as obras de Lewis venderon mais de 100 millóns de cópias en todo o mundo e foron traducidas a 50 idiomas. Lewis, un contemporáneo e amigo persoal de J.R.R. Tolkien, foi un escritor cristián que tentou difundir as súas ideias relixiosas a través do mundo fantástico de Nárnia.

A rodaxe rematará en novembro deste ano, e a postprodución durará un ano mais. A estrea está prevista para decembro de 2010.