A Sony e mais os videoxogos

987

inFamousContinuando coa recente maré de adaptacións de videoxogos ao cinema, a Sony Pictures ven de mercar os dereitos para trasladar o electrizante xogo de Sucker Punch para a PlayStation 3 inFamous á pantalla grande.

Ainda que os detalles están ainda baixo sete chaves, Sheldon Turner (X-Men Origins: Magneto, Texas Chainsaw Massacre: The Beginning) está a traballar nun guión, mentres que os gurús dos xogos pasados ao cinema Avi e Ari Arad (Uncharted, Mass Effect, Lost Planet) serán os produtores.

O xogo, ainda que é grande e divertido, é no seu corazón unha balada de amor dirixida ás persoas que teñen un grande potencial pero que non-o desenvolven, coma o noso heroe, Cole McGrath“, segundo Turner. “O que mais me emociona sobre o xogo é que foi o primeiro para o que tiven unha grande ideia e un persoaxe“.