Avatar Airbender para 2010

824

Avatar AirbenderA Paramount Pictures e mais a Nickelodeon Movies distribuirán a adaptación á pantalla grande da popular série de debuxos animados da televisón Avatar: The Last Airbender, que dirixirá M. Night Shyamalan e que ten prevista a estrea o vindeiro 2 de xullo de 2010.

Os estudos abandoaron o título de Avatar para esta película de aventuras para evitar confusións co filme épico en 3D de James Cameron Avatar, que a 20th Century Fox estreará o 18 de decembro de 2009. Airbender foi a primeira película en coller esa data.

Os creadores da série na Nick TV estiveron fortemente influenciados polo realizador xaponés de anime Hayao Miyazaki. O argumento vai sobre un xove heroe que ten a habilidade de manipular os elementos e deter a unha malvada nación que está a destruir a outras tres nacións.

Shyamalan, que dirixirá a partir dun guión que el mesmo escribiu, dixo que Miyazaki é ún dos meirandes narradores de histórias do mundo.