Regreso ao mundo de NIMH

0
161

NIMHA Paramount Pictures está a desenvolver unha nova longametraxe que tentará adaptar o clásico infantil de Robert C. O’Brien Mrs. Frisby and the Rats of NIMH.

A história céntra-se nun rato (a señora Frisby, que foi renomeada coma Sra. Brisby no filme da MGM) que debe enfrontar-se a unha crise cando o seu fillo caia enfermo e ela e mais a súa família deban mudar-se para fuxir do arado dun granxeiro.

A Sra. Frisby enróla-se nun grupo de antigas ratas de laboratório, onde axiña se decatará de que forman unha sociedade altamente evoluída, que posúe tecnoloxía avanzada e que dividen o seu traballo ao xeito que o fan os seres humanos.

A MGM desenvolvera a propiedade xa en 1982 en forma de debuxos animados no filme The Secret of NIMH. Nesta ocasión, ainda que non está decidido, todo semella indicar que este filme combinará os debuxos animados con persoaxes reais, coma no caso de Alvin e os Esquíos ou Garfield.

O director Neil Burger (O Ilusionista) está en conversas para escribir o guión. Cary Granat será o produtor.