Os Lórax para o cinema

0
160

The LoraxA Universal Pictures e mais a Illumination Entertainment unirán as súas forzas para converter o libro do Dr. Seuss The Lorax nun filme de debuxos animados xerados por computador e en tres dimensións.

The Lorax contará con tres directores: Chris Renaud, Cinco Paul e Ken Daurio, e con Paul e Daurio escribindo o guión.

Ainda que foi publicado en 1971, The Lorax conta cunha temática bastante “verde”. Está narrado por un avaricioso empresário que, mália os moitos avisos que lles fan os lorax, uns seres amantes das árbores, destrúe un bosque para facer prendas de vestir coas árbores.

Os resultados serán catastróficos, xa que todos os animais deben marchar e nada vivo fica no lugar.

The Lorax é un libro que levantou moita polémica dende a súa orixe. En 1988, un pequeno coléxio en California decidiu manter o libro como leitura para os seus alumnos mália as ameazas dunha emmpresa madereira que dicía que o libro era inxusto coa indústria. Moitos membros da indústria madereira aliáron-se para escribir outro libro chamado The Truax e no que ofrecían o seu punto de vista oposto ao ecoloxismo.

O filme está previsto para se estrear o 2 de marzo de 2012, unha data sería xusto o aniversário de Theodor Geisel (o verdadeiro nome do doutor Seuss), quen finou en 1991.