Dallas Howard será a nova Victoria

0
186

Dallas Bryce HowardA Summit Entertainment ven de anunciar que a protagonista de Terminator Salvation Bryce Dallas Howard será a nova vampira Victoria na vindeira entrega da saga de Twilight, Eclipse, sustituindo a Rachel Lefevre, quen interpretou o papel na primeira película e mais a na súa secuela, New Moon.

A sustitución produciu-se oficialmente e segundo din por mor dun problema coas axendas das actrices.

Eclipse escomezará a se filmar en Vancouver, Canadá, a partir de agosto. A nova entrega está baseada, coma as anteriores, nos libros de Stephenie Meyer e será dirixida por David Slade a partir dun guión escrito por Melissa Rosenberg. A data de estrea está fixada para o 30 de xuño de 2010.

En Eclipse, Bella estará de novo en perigo, rodeada por unha banda de misteriosos asasinos e ademais un vampiro malvado continúa aá súa procura para se vingar. No médio de todo, deberá escoller entre o seu amor por Edward e a súa amizade con Jacob, sabendo que a súa decisión ten o poder de reavivar os ódios ancestrais entre vampiros e lobishomes.