Robert Schwentke dirixirá Red

0
210

RedO director do filme A Muller do Viaxeiro no Tempo (The Time Traveler’s Wife), Robert Schwentke, está en conversas para se ocupar do thriller da Summit Entertainment Red.

Protagonizado por Bruce Willis e Morgan Freeman, Red conta cun guión de Erich e Jon Hoeber e está baseado no persoaxe da WildStorm, unha editorial filial da DC Comics.

O filme de espías vai sobre un antigo axente de operacións especiais forzado a se retirar cando un asasino de alta tecnoloxía o ameaza a el e mais á súa moza.

Lorenzo di Bonaventura e Mark Vahradian estarán na produción.

Schwentke dirixiu Flightplan e The Family Jewels e estivo a desenvolver o drama baseado no caso da Enron Conspiracy of Fools. O seu filme Time Traveler’s Wife estreará-se este 14 de agosto.