A guerra dos zombis

0
176

Joel GoldsmithO compositor Joel Goldsmith ven de rematar a banda sonora de Stone’s War, un filme de guerras con zombis do realizador finés Marko Makilaakso sobre un inimigo que seica se ergue de entre os mortos.

Stone’s War, dirixida e escrita por Makilaakso, céntra-se nun pelotón de soldados americanos e finlandeses que están a matar aos mesmos nazis.

É un grande filme de terror cunha aproximación moi distinta e uns xiros emocionantes, eu inspirei-me escoitando algunha vella música da Segunda Guerra Mundial“, dixo Goldsmith.

Para compoñer a música para o filme, Goldsmith dixo que estudou o videoxogo Call of Duty 3, así coma as bandas sonoras de filmes de seu famoso pai, Jerry Goldsmith (A Profecía, O Planeta dos Simios, Star Trek: The Motion Picture), que finou en 2004.

O cativo Goldsmith compuxo a música de Stargate: The Ark of Truth e da vindeira Stargate: Continuum, que se estreará este verán.