Unha família de superheroes en A3

0
234

Antena 3Antena 3 prepara xunto a Ida y Vuelta (Física o química) Una Familia Normal, un novo proxecto de ficción de cara ao vindeiro ano. Tráta-se dunha série en prime time apta para todos os públicos centrada nos poderes dunha singular família. Con este proxecto a canle de Planeta adéntra-se no mundo do sobrenatural.

Mália a súa apariéncia de família corrente, algúns dos seus membros contan cunhas habilidades moi concretas que lles convirten en seres especiais, ao máis puro xeito dos superheroes.

Poderes sobrenaturais que agocharán fronte aos demáis, pero que non dubidarán en empregar sempre que xurda a ocasión. A capacidade de mover obxectos (telequinese) ou de lér a mente doutras persoas serán algunhas das habilidades que caracterizarán aos protagonistas desta ficción.

A família intentará por todos os médios preservar o seu grande segredo, porén, non tardarán en se decataren de que non só eles teñen esas habilidades especiais.

O cásting para esta nova serie corre a cargo de Carmen Utrilla, responsábel do cásting de películas coma Princesas, O Pau ou a galardonada con vários Goyas A hora dos valentes.

O novo proxecto de Antena 3 tocará diversos xéneros, dende a comédia até o drama, nembargantes, caracterizará-se sobre todo polas súas doses de suspense e ciéncia-ficción. Nestes intres a série atópa-se n pleo desenvolvemento, polo que ainda non está definido o eixo central da mesma.

Pola sua temática, a ideia lembra a outras produción estranxeiras coma por exemplo Heroes ou Sobrenatural.