Night Mary soñará no cinema

0
134

Night MaryA empresa de efectos especiais de Sydney Animal Logic ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre a novela gráfica de terror e mistério Night Mary.

Night Mary vai sobre a xoven Mary Specter, unha soñadora que entra nos pesadelos dos desacougados pacentes de seu pai, o dono dunha clínica para tratar desordes do soño. Pero cando un deses pacentes resulta ser un asasino en série, o seu tempo de soño e mais o seu tempo de estar esperta fúnden-se de súpeto.

Rick Remender e Kieron Dwyer escribiron o orixinal, publicado pola editorial IDW.