Lexión de Cinco

0
211

Stan LeeA compañía canadiana de debuxos animados Rainmaker Entertainment vai-se asociar coa empresa de Stan Lee, a POW! Entertainment Inc. e coa Brighton Partners para lanzar a última creación de superheroes de Lee, Legion of 5, coma série de debuxos animados.

As películas terán o apóio de cómics que aparecerán en formato papel e electrónico, videoxogos e merchandising diverso para os teléfones móbiles.

Os detalles sobre Legion of 5 mantéñen-se en segredo. O co-creador de Spiderman recibirá o prémio inaugural New York Comics Legend na New York Comic Con esta fin de semana.