Adiante coa precuela de Alien

1131

AlienXa é oficial: a Twentieth Century Fox vai resucitar a súa franquía de Alien. Os estudos veñen de contratar a Jon Spaihts para que escriba unha precuela e o mesmísimo Ridley Scott será o director do filme.

Spaihts acadou o traballo após de convencer aos estudos e mais a Scott Free (que será o produtor) cun esbozo de guión.

O filme será unha precuela que tentará explicar os acontecementos prévios ao primeiro filme de 1979 que dirixira o mesmo Scott. Naquel filme orixinal a tripulación dunha nave comercial que regresaba á Terra era espertada dun letargo e logo desviada do seu camiño cara a un planeoide onde se escoitara un sinal de socorro. Alí a tripulación descubre que o sinal fora xerado por unha nave valeira que estaba tentando advertir-lles a eles de que non se achegaran.

Con este trato a Fox terá unha nova oportunidade de manter viva a franquía de Alien, despois de que tres filmes seguisen ao orixinal de Scott, cadaún deles con menos éxito có anterior. Esta é aprimeira vez que o director orixinal regresa á série coa intención de seocupar persoalmente da realización.

Spaihts está-se a converter en todo un experto dos thrillers espaciais. Após de que Keanu Reeves ficara vencellado xunto á Warner Bros. ao filme de ciéncia-ficción Shadow 19, que contaba cun guión de Spaiths, o mesmo Reeves contratou a este guionistapara que escribira o libreto da película épica de viaxes polo espazo Passengers, que está agora mesmo nas mans da produtora Morgan Creek. Ese guión valeu-lle a Spaihts un encontro coa Fox e mais Scott Free, onde puido amosar-lles aos directivos o seu traballo con Alien, que finalmente convenceu aos estudos para relanzar a franquía.

Por outra banda, a Fox contratou ao mesmo Spaiths para que reescriba o guión de The Darkest Hour, que Timur Bekmambetov producirá xunto a Tom Jacobson. Spaihts está a escribir Children of Mars para a Disney e Scott Rudin, e despois ainda ten o encargo de reescribir St. George and the Dragon para a Sony e mais a Red Wagon.