Steven Spielberg dirixirá Harvey

0
218

HarveyDe todos os filmes dos que se ven rumoreando que Steven Spielberg podería ser o director, era pouco previsíbel que finalmente se decanta-se polo proxecto que a DreamWorks e mais a 20th Century Fox anunciaron o domingo: unha adaptación contemporánea da obra de teatro Harvey, o prémio Pulitzer en 1945, sobre Elwood P. Dowd, un home tolo e mais o seu amigo, un coello invisíbel de dous metros.

Harvey, que contará cun guión do debutante Jonathan Tropper, é a história dun homiño excéntrico e mais un coello invisíbel, que segundo o protagonista, é un “pooka”, unha criatura benigna pero rebuldeira da mitoloxía celta e de como isto afecta a todos os membros da súa família e da comunidade. O coello tiña unha aparición en Donnie Darko, se ben cun tón moi diferente ao amábel e bondadoso da obra de teatro orixinal.

A obra de teatro gañou o Pulitzer en 1945 e foi interpretada en Broadway 1.775 veces entre 1944 e 1949. Despois sería adaptada ao cinema nun filme clásico da Universal de 1950 que protagonizaron Jimmy Stewart e Josephine Hull.

Tropper, o guionista, é o autor das novelas The Book of Joe, Everything Changes, Plan B, How to Talk to a Widower e This is Where I Leave You.

Mentres, na Rede coménta-se que o actor ideal para o papel sería Tom Hanks.

Despois de dirixir a última de Indiana Jones, a Spielberg se lle vencellou cunha chea de proxectos, dos que tan só ún é seguro, pero sen data: O Segredo do Alicórnio, a aventura que levará a Tintín ao cinema.

A pre-produción de Harvey escomezará axiña, agardándo-se que a filmación escomece o ano que ven. Spielberg, Don Gregory, Elizabeth Gabler e Carla Hacken serán os produtores.