Spielberg en Ghost in the Shell

755

Ghost in the ShellA produtora de Steven Spielberg, a DreamWorks, ven de adquirir os dereitos sobre o manga xaponés Ghost in the Shell e planea converter este thriller co seu mundo futurista nun filme en 3D con acción real.

A história, todo un clásico para os afeccionados ao manga e ao anime, vai sobre un membro dunha unidade de elite policial xaponesa especializada en perseguir os crimes que teñen relación coa alta tecnoloxía.

Creado por Masamune Shirow, Ghost in the Shell foi publicado por primeira vez en 1989. Pasou por dúas edicións en formato manga, tres películas de animación (anime), unha série de televisión e tres videoxogos. O segundo filme, Ghost in the Shell 2: Innocence, non chegou aos Estados Unidos até 2004, e foi precisamente da man da Dreamworks.

Ari Arad e Steven Paul da Seaside Entertainment serán os encargados da produción e de mercar o proxecto para os estudos. Jamie Moss foi contratada para escribir a adaptación.