Rob Marshall na cuarta dos Piratas

0
222

Piratas do CaribeO director de Chicago e Nine, Rob Marshall, está en conversas para se encargar da vindeira entrega da saga de Piratas do Caribe para a Walt Disney Pictures, segundo apuntan os rumores en Hollywood.

A triloxía orixinal dos Piratas do Caribe tivo como director a Gore Verbinski, quen desta volta seica non está vencellado ao proxecto, que os estudos queren poñer na vía rápida do lanzamento, de ser posíbel para comezar a se rodar na vindeira semana santa, polo que esta muda de directores non pillou de sorpresa a ninguén.

Jerry Bruckheimer regresará como produtor e Johnny Depp fará o seu papel do capitán Jack Sparrow, se ben case todos os demais detalles do proxecto están por confirmar, incluindo ao resto dos protagonistas.