O actor e cineasta Larry Fessenden (Wendigo, The Last Winter) será o encargado de dirixir para a New Line Cinema The Orphanage, o remake americano do thriller sobrenatural español El orfanato, o filme que converteu en 2007 ao seu director Juan Antonio Bayona nunha estrela internacional.
A história non será modificada dende o seu orixinal, no que Laura, unha muller que compra o orfanato onde ela medrou de nena coa intención de abri-lo de novo e reconverte-lo nun centro social para axudar aos nenos discapacitados.
Pero unha vez dentro, Laura descubre que o antigo orfanato esperta soños na imaxinación do seu própio fillo, e que estes soños semellan non estar só nas fantasías do neno, quen afirma ter un amigo invisíbel que seica o secuestra un día de xeito inesperado. Mentres ela e mais o seu home van descubrindo novos e arrepiantes segredos quese agochabanna casa e na súa história, Laura acaba por se aliar a un grupo de parapsicólogos para desvelar o mistério que rodea á desaparición de seu fillo.
Guillermo del Toro, que produciu o filme orixinal, será tamén o produtor neste remake e ademais axudará a Fessenden a reescribir o guión, que na primeira versión fixo Sergio G. Sanchez. Beau Flynn e Tripp Vinson tamén producirán esta adaptación.