A Urco Editora ven de anuncir que nos próximos días procederán ao envío dos novos títulos da súa colección, que están a piques de saír do prelo. Continuando co formato estándar (210x133mm) da colección Urco Gótica aparecerá Relatos de Terror Sobrenatural, de Robert E. Howard, unha escolma de catro contos do creador de Conan o Cimmerio, adicados aos horrores lovecraftianos. O minilibro deste mes tamén vai encadrado na colección Gótica, e será O signo amarelo de Robert W. Chambers, un conto pertencente á colección The king in yellow, do mesmo autor.
Asimesmo e en breve, continuando coa súa aposta pola cultura libre, porán ao dispor de todo o mundo os seus libros na rede. Nun princípio estarán en formato txt ou html. É posíbel que no futuro colguen os arquivos pdf maquetados cun sistema de micropagos, deixando sempre de balde as versións txt ou html.
Para os que desexen ter algún dos seus libros en formato electrónico, incluído o pdf maquetado, deberán pedi-lo, pero sempre que non sexa para fins comerciais, tal como estipula a licenza Creative Commons coa que se publican os mesmos.