DiCaprio e Carrapuchiña Vermella

0
173

Carrapuchiña VermellaA produtora de Leonardo DiCaprio, a Appian Way, está a desenvolver unha versión do clásico conto gótico (actualmente clásico infantil) Carrapuchiña Vermella, sobre unha nena aparvada que se interna no bosque para lle levar comida á súa avoa.

O guionista David Leslie Johnson será o encargado de lle dar algo mais de mistério a un conto que xa todo o mundo coñece, e no que definitivamente non vai actuar DiCaprio.

A versión do conto de Carrapuchiña Vermella dos irmáns Grimm escrito no século XIX é a versión mais coñecida da história, ainda que tan só foi unha adaptación de histórias moito mais sinistras contadas oralmente dende a Idade Média. De feito, nalgunhas versións aparece un lobishome e na versión de Charles Perrault o final é cando Carrapuchiña é devorada polo lobo, sen o final feliz.